RECICLAXE DE PAPEL

Iniciase a andadura do Clube de Ciencias do IES Rego de Trabe coa realización dun proxecto de reciclaxe de papel por parte dos alumnos de 1º de ESO

Comezarase a fabricar os marcos, utilizando listóns de madeira que serviran de soporte para fabricar o papel reciclado

Utilizando o flexometro para medir los listòns

A escuadra para marcar os puntos de corte


Coa axuda de sarxentos fixamos os listóns a  mesa de traballo para posteriormente cortalos coa serra de calar


Continuamos co proxecto de realización de papel reciclado no seu segundo dia

Unha vez que temos os listòns coa medida axeitada pasamos a construción dos marcos que serviranos para a fabricación do papel

Para elo utilizamos cola de fixación rapida
Como vemos pola cara de felicidade dos nosos alumnos a ciencia é realmente divertida!!! 😀
Nesta terceira xornada prepararemos a pasta de papel a partir de papel de periodico usado, para iso mezclaremos nun balde o papel de periodico e trituraremolo con unha batidora para facer a mixtura o mais fina posible
Os cuadrantes fabricados con anterioridade se sumerxen agora nesta mistura para ter unha fina capa da mesma, que co posterior secado convertirase no noso papel reciclado


E por fin na ultima xornada temos o papel xa finalizado e con un pouco de decoración engadida







No hay comentarios:

Publicar un comentario